InicioComarca de MeiraPolDeteñen o condutor do vehículo accidentado en Pol que acabou cun falecido

Deteñen o condutor do vehículo accidentado en Pol que acabou cun falecido

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo ao condutor do vehículo sinistrado o pasado 9 de outubro no municipio lucense de Pol, no que faleceu o copiloto, acusado dun delito de homicidio por impudencia tras dar positivo en alcoholemia e carecer de permiso de condución.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación efectuada concluíu que ningún dos dous ocupantes facía uso do cinto e, en relación ao condutor do turismo, de 38 anos, a proba de alcoholemia practicada arroxou un resultado positivo que superaba o 0,60 mg/l en aire expirado.

Do mesmo xeito, comprobouse que carecía de permiso para a condución de vehículos a motor, tras decretarse pola autoridade xudicial a súa perda de vixencia.

Así, procedeuse á detención do condutor pola comisión dun suposto delito de homicidio imprudente, outro delito pola condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas e un terceiro por facelo con perda de vixencia xudicial.

O accidente produciuse o pasado 9 de outubro tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban e chocar contra unha árbore na estrada LU-760, no termo municipal de Pol.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...