Home Lugo e contorna Falece o delegado do Racing Club Vilalbés ao caerse dun andamio en Cospeito

Falece o delegado do Racing Club Vilalbés ao caerse dun andamio en Cospeito

0
Falece o delegado do Racing Club Vilalbés ao caerse dun andamio en Cospeito
Arquivo - Garda Civil / EP

Un home de 65 anos faleceu este luns no municipio lucense de Cospeito tras precipitarse desde un andamio, a unha altura dun cinco metros.

O suceso tivo lugar no lugar de Vilouriz, na parroquia de Seixas. Ata a zona, segundo informa o CIAE 112-Galicia, desprazáronse sanitarios do 061, que só puideron certificar a morte do home.

O falecido era Manolo Lamas, delegado do Racing Club Vilalvés e pai do adestrador Simón Lamas. O equipo expresou, a través da súa conta en X, o pesar por esta noticia.

+ posts