InicioSucesosIdentificado un menor que lanzou pedras a unha terraza das inmediacións da...

Identificado un menor que lanzou pedras a unha terraza das inmediacións da igrexa do Sagrado Corazón, impactando unha na cabeza dun home

El mesmo recoñeceu os feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local localizaron en Lugo a un menor, que segundo o mesmo recoñeceu, tirou pedras á terraza dun bar, impactando unha delas na cabeza dun home. Segundo recolle o parte de incidencias da Policía Local, os feitos producíronse na tarde do día 4. Unha patrulla acudiu ás inmediacións da igrexa do Sagrado Corazón tras denunciar un home que uns mozos lle lanzasen varias pedras, impactando unha delas na súa cabeza.

En concreto, precisou que eran catro os mozos, ademais de achegar a súa descrición física. Pouco despois, a Policía localizounos á saída dun supermercado da zona procedendo á súa identificación, sendo todos eles menores de idade. Un deles recoñeceu que foi o que lanzou as pedras á terraza.

ALCOL E ACCIDENTES

Noutra orde de cousas, a Policía Local tamén actuou na rúa Montefaro, confluencia coa avenida da Coruña, por un accidente no que estaban implicados tres vehículos, causado por un condutor que presentaba signos de estar bébedo. Dúas persoas presentaban, lesións que non revestían gravidade.

Ademais, efectuáronse controis de alcoholemia con sancións, nas inmediacións do paseo Fábrica da Luz, en Xosé Castiñeira, e na rúa Dinán. Neste caso detectouse a tres condutores con signos de ter bebido.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...