InicioSucesosDetido en Lugo por das dúas labazadas á súa parella para sacarlle...

Detido en Lugo por das dúas labazadas á súa parella para sacarlle algo do bolso e lesionar a un policía

Tras ser interceptado lanzouse a patadas contra o axente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido en Lugo por agredir á súa parella e lesionar a un axente, segundo informa a Policía Local no seu parte de incidencias. Os feitos producíronse na noite do 5 de agosto na zona da Rolda da Muralla. Á súa chegada, a muller explicou aos axentes que o home lle deu dúas labazadas, tratando de sacarlle algo do bolso.

O home, pola súa banda, negouse a identificarse, proferindo insultos contra os axentes, chegando a dar un empuxón e lanzando puñadas e patadas polo que foi necesaria a súa inmovilización. Finalmente, foi detido por violencia de xénero e atentado a axentes da autoridade. A vítima rexeitou ser asistida nun centro médico.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...