InicioSucesosSete condutores ebrios, catro positivos en drogas e nove vehículos coa ITV...

Sete condutores ebrios, catro positivos en drogas e nove vehículos coa ITV caducada nun só día

Tamén se detectaron dous condutores coa inspección desfavorable, tres coches sen seguro, un condutor que non facía uso de cinto e dous co permiso de conducir caducado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detectaron ata sete condutores ebrios catro positivos en drogas, entre outras infraccións, nos operativos de seguridade cidadá desenvolvidos entre este xoves e a madrugada do venres. En concreto, os operativos identificaron condutores que circulaban consumindo alcol nas rúas Xosé Fernández, Rolda das Fontiñas, Avenida de Magoi, Rolda de Fingoi, Pintor Corredoira e Montero Ríos.

Ademais, na rúa Xosé Fernández e no Polígono do Ceao identificáronse dous condutores positivos en THC e anfetaminas. Así mesmo, na Avenida de Magoi e na rúa Lamas de Prado, os axentes deron o alto a dous condutores que deron positivo en cocaína. Os controis detectaron, ademais, outras infraccións, como nove vehículos coa ITV caducada e dous coa inspección desfavorabletres coches sen seguroun condutor que non facía uso de cinto dous co permiso de conducir caducado. Tamén se deu o alto a dous condutores de patinetes eléctricos que circulaban por zona peonil.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...