InicioSucesosMata a un veciño cun coitelo e fire de gravidade á súa...

Mata a un veciño cun coitelo e fire de gravidade á súa muller no lugar de Lamas, en Samos

O agresor tiña 49 anos, a vítima 82 e a muller, que tivo que ser trasladada de urxencia ao hospital de Lugo con feridas no pescozo e no tórax, 73.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un home en Samos por matar a un veciño e ferir de gravidade á súa muller, segundo informou a Benemérita. Trátase, de acordo coa información facilitada, dun home de 49 anos, veciño das vítimas e coas que mantiña desavinzas previas. A agresión ao matrimonio produciuse cun coitelo e o home, de 82 anos, faleceu, mentres que a muller, de 73 anos, sufriu feridas de gravidade.

En concreto, desde o 061 precisaron que presentaba feridas por arma branca no pescozo e no tórax e que foi trasladada ao hospital de Lugo. Ao lugar, desprazáronse o helicóptero do 061 con base en Ourense e tamén o médico e a ambulancia da zona. Dos feitos, tívose constancia pasadas as oito da mañá. Segundo o 112, un particular alertou de que unha persoa fora apuñalada na parroquia de San Mamede do Couto, no lugar de Lamas, en Samos. Ata alí trasladáronse os servizos sanitarios, ademais de efectivos da Garda Civil que procederon á detención do presunto autor dos feitos.

A MULLER PERMANECE INGRESADA NA UCI

A muller agredida e trasladada ao Hospital Lucus Augusti atópase na unidade de coidados intensivos (UCI) do citado centro hospitalario en estado grave. Así o confirmaron fontes hospitalarias.

VECIÑOS

Desta forma, o presunto agresor, un home de 47 anos de idade, reside, moi preto das vítimas, nunha casa cos seus pais, de avanzada idade. A veciña explicou que tiña trato coas vítimas pero non co presunto autor dos feitos, ao que “só coñecía de vista”, e que, segundo coincidiron varios aldeáns, era unha persoa conflitiva.

En torno ao caso, unha das principais hipóteses que se considerou un problema polos marcos das leiras. Con todo, non está confirmado, debido ás leas previas, e no lugar dos feitos traballan efectivos da xudicial.

A SUBDELEGADA DO GOBERNO EN LUGO LAMENTA O OCORRIDO

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, confirmou as informacións e explicou que a investigación, que segue aberta, está a cargo da Unidade Orgánica da Policía Xudicial de Lugo. As dilixencias serán remitidas ao Xulgado de Sarria. “Lamentamos o ocorrido e trasladamos todo o apoio e solidariedade do Goberno de España aos familiares e amigos da vítima, e esperamos a pronta recuperación da persoa ingresada”, desexou.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...