InicioSucesosPrisión provisional e sen fianza para o acusado de acoitelar a un...

Prisión provisional e sen fianza para o acusado de acoitelar a un home na fin de semana

Os feitos tiveron lugar o sábado a medianoite nun bar da Rúa Serra de Outes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O maxistrado do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo decretou o ingreso en prisión provisionalcomunicada e sen fianza do detido por acoitelar a un home de 41 anos o pasado sábado nun bar de Lugo. Segundo fontes xudiciais, o home, que foi detido pouco despois de que se producise a agresión, está sendo investigado por un delito de lesións agravadas.

Os feitos sucederon pola noite, sobre ás 23:53 horas na rúa Serra de Outes da capital lucense. O 112 Galicia recibiu o aviso a través dunha persoa particular que alertaba dun altercado neste punto. Ata o lugar, ademais de persoal do 061, desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Para atender ao ferido, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou unha ambulancia asistencial de Soporte Vital Básico e persoal sanitario do PAC de Lugo. Posteriormente, a vítima foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...