InicioSucesosTrasladada en helicóptero unha muller de 70 anos que resultou ferida por...

Trasladada en helicóptero unha muller de 70 anos que resultou ferida por un tenreiro en Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller, de 70 anos de idade e con identidade M.M.M, foi trasladada en helicóptero ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) tras resultar ferida por un tenreiro en Abadín.

Segundo informaron a Europa Press fontes sanitarias, o suceso tivo lugar ás 11,00 horas e ao lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como unha ambulancia de soporte vital básico medicalizada cun equipo de Atención Primaria.

Pola súa banda, o CIAE 112 Galicia informou recibiu o aviso por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia- 061, que avisaron de que o animal lle pasou por encima á muller nunha cuadra do lugar de Vilatán.

Desde o 112 Galicia, solicitouse, tamén, a intervención dos axentes da Garda Civil, que descartaron a vinculación do incidente coa contorna laboral, senón co privado, pois se produciu nunhas instalacións de carácter privado e a ferida é a propietaria.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...