InicioTerra CháAbadínUnha saída de vía provoca dous feridos en Abadín nun vehículo que...

Unha saída de vía provoca dous feridos en Abadín nun vehículo que acabou envorcado

En concreto indicaban que no turismo viaxaban dúas persoas maiores e que, aínda que non estaban atrapados no interior do vehículo, si precisaban asistencia sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente en Abadín, segundo informa o 112 Galicia que explica que se tratou dunha saída de vía dun coche que finalizou envorcado cando circulaba pola LU-113, punto quilométrico 25, á altura da Igrexa de Corvite.

A Garda Civil de Tráfico comunicaba ao 112, a esa hora, que recibiran a chamada dun particular informándolles deste accidente.

En concreto indicaban que no turismo viaxaban dúas persoas maiores e que, aínda que non estaban atrapados no interior do vehículo, si precisaban asistencia sanitaria.

Desde o 112 Galicia informouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vilalba. Así mesmo, foron informados o persoal do servizo de mantemento da vía, por se fose precisa a súa intervención.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...