InicioComarca da FonsagradaBaleiraDous veciños de Baleira investigados por un delito de malos tratos animais...

Dous veciños de Baleira investigados por un delito de malos tratos animais ao deixar alimentar os seus cans

Todos os cánidos carecían de alimento e auga e tampouco se lles realizou ningún control veterinario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da ‘Operación Caquexia’, imputa, en calidade de investigados, a dous veciños de Baleira, como supostos autores dun delito relativo á protección da flora, fauna e animais domésticos.

Segundo informa este corpo de seguridade, ambos os investigados deixaron de levar a cabo os coidados básicos a catro animais (cans) da súa propiedade, polo que un morreu de inanición.

Todos os cánidos carecían de alimento e auga e tampouco se lles realizou ningún control veterinario. Nesta investigación participaron o ‘Pacprona’ da Garda Civil de Lugo, axentes da Conselleria de Medio Ambiente da Xunta e persoal do Concello lucense de Baleira. As dilixencias policiais foron remitidas ás autoridades xudiciais.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...