Home Terra Chá Guitiriz Guitiriz emite un bando no que pide non consumir auga da traída municipal

Guitiriz emite un bando no que pide non consumir auga da traída municipal

0
Guitiriz emite un bando no que pide non consumir auga da traída municipal
Mananciais de auga | Xunta de Galicia

A veciñanza de Guitiriz deberá evitar consumir auga da traída municipal polo alto contido en ferro. A recomendación parte do Concello, que detectou nas análises de laboratorio unha concentración excesiva na distribución, de 1700 microgramos por litro. Así consta no bando asinado pola alcaldesa, Regina Polín, onde se explica que o goberno local instalará de urxencia filtros nos depósitos.

A medida foi adoptada despois de examinar todas as opcións dispoñibles e co asesoramento de empresas especializadas. A urxente posta en marcha dos desferrizadores levará, segundo a estimación do Concello, vinte días. Durante ese tempo pídese aos habitantes de Guitiriz non empregar a auga para consumo humano.

Asemade, o executivo da vila chairega solicitará axuda técnica a outros organismos públicos, entre eles a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Territorio, para así achar a solución definitiva para a alta concentración de ferro.

A priori, o Concello intentará recuperar a tubería que conecta directamente os depósitos coa auga dos mananciais da Serra do Cordal de Montouto, e que evita o pantano.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here