InicioSucesosUn ciclista resulta ferido logo de ser atropelado por un vehículo en...

Un ciclista resulta ferido logo de ser atropelado por un vehículo en Palas de Rei

O servizo solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Friol-Palas e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ciclista resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un vehículo en Palas de Rei. O ferido tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado ata o Hospital Universitario Lucus Augusti.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dun particular, xusto despois das 15,00 horas. Na Avenida de Compostela, un vehículo atropelara a un ciclista que, segundo confirmaron pouco despois os servizos sanitarios, quedou tendido sobre o chan, inconsciente.

O servizo solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Friol-Palas e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei.

Desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicouse a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra nas proximidades do lugar do accidente e que finalmente trasladaría ao ferido ata o centro hospitalario lucense.

Pola súa banda, os efectivos do GES de Friol e de Protección Civil que participaron neste operativo encargáronse da limpeza da vía.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...