InicioSucesosA Policía investiga a morte dunha muller que caeu da ventá na...

A Policía investiga a morte dunha muller que caeu da ventá na Ronda da Muralla

A xove caeu no patio interior do edificio, na confluencia entre a Ronda da Muralla e a Avenida da Coruña, e os servizos de emerxencia non puideron facer nada pola súa vida

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Corpo Nacional de Policía investiga as causas da morte dunha xove que caeu por un patio interior na Ronda da Muralla. O suceso produciuse contra as dez da mañá deste xoves, conducindo a un importante despregamento de Bombeiros de Lugo, Policía Local, Policía Nacional e mailo 061. Os servizos de emerxencias non puideron facer nada pola súa vida, debido á gran altura dende a que se precipitou.

O sitio, fronte á Porta de San Fernando, pasando a confluencia entre a Ronda da Muralla e a Avenida da Coruña, fica acordoado mentres os axentes realizan as pescudas. Segundo fontes da investigación, no interior do piso estaba a parella da muller falecida.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...