InicioSucesosA Policía Nacional toma declaración á contorna da muller morta a puñaladas...

A Policía Nacional toma declaración á contorna da muller morta a puñaladas en Lugo

Non hai detidos polo momento e permanecen abertas todas as liñas de investigación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da comisaría de Lugo empezaron a tomar declaración a familiares, veciños e amigos da muller de 42 anos que foi achada morta con signos de violencia –o cadáver presentaba evidencia de recibir varias coiteladas– en Lugo.

O cadáver foi localizado nun piso da Rúa Quiroga, na cidade da muralla, a pasada noite. O caso lévao o Xulgado número 1 de Lugo e o levantamento do cadáver tivo lugar preto da madrugada.

O portavoz policial, o subinspector Manuel Arias Veiga, constatou que se trata dunha “morte violenta, un homicidio”, e confirmou que o aviso se recibiu “a última hora da tarde-primeira hora da noite” deste domingo a través dun familiar. A continuación, activouse o protocolo e alertouse á autoridade xudicial, asumindo o caso o Xulgado número 1 de Lugo.

Para o levantamento do cadáver se personaron no lugar dos feitos axentes da Policía científica e xudicial para facer as correspondentes inspeccións oculares que dan inicio á investigación, que está baixo segredo de sumario. “Está a tomarse declaración a toda a contorna da vítima tanto a veciños, como familiares, como amigos, sen haber unha liña pechada de investigación. Están abertas todas as liñas de investigación”, puntualizou o portavoz da comisaría de Lugo.

NON HAI DETIDOS POLO MOMENTO

O portavoz policial asegurou que, polo momento, non hai ningún detido.

Nas horas posteriores ao achado do corpo, apuntouse a unha posible detención dun veciño, pero o subinspector aclarou que o home simplemente foi trasladado da súa vivenda á comisaría porque non tiña outros medios para desprazarse, nun escenario no que se toma declaración aos diferentes veciños e ao resto da contorna da vítima.

REXENTABA UNHA FRUTERÍA

A muller de 42 anos rexentaba unha frutería no barrio da Milagrosa, onde era moi coñecida.

CONCELLO DE LUGO

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, expresou a súa repulsa ante o crime. a través dun comunicado,  Méndez, trasladou, en nome de toda a Corporación, “a súa máis enérxica repulsa” non só polo crime, senón tamén “por todos os casos de agresións que se están cometendo contra as mulleres”.

XUNTA

Por outra banda, a conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, indicou que “aínda non se saben os datos nin hai noticias veraces sobre a autoría” do crime da muller de 42 anos en Lugo.

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, condenou este luns o crime da Rúa Quiroga, onde unha muller foi achada morta no seu domicilio, no que residía soa, con signos de ser acoitelada.

Antes de participar nunha xornada sobre ‘Violencia económica sobre a muller; falta de pagamento de pensións’, Rodríguez reiterou algúns dos datos que transcenderon e condenou o “terrible” suceso.

“As forzas e corpos de seguridade do Estado están a indagar sobre as circunstancias para, coa maior precisión, establecer as causas deste suceso. Neste momento non podemos dar máis información”, esgrimiu e confirmou que o cadáver presentaba evidencias de sufrir feridas con arma branca.

“Neste momento non hai ningún detido”, ratificou, a continuación, Isabel Rodríguez, quen aproveitou para apuntar que “están abertas todas hipótese e continúase coa investigación para resolver este terrible suceso”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...