InicioSucesosInvestigan un ex garda civil de Friol por ameazar cunha escopeta dous...

Investigan un ex garda civil de Friol por ameazar cunha escopeta dous veciños

Todo se orixinou cunha discusión sobre terras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil abriu unha investigación contra un veciño de Friol, que ademais fora axente deste mesmo corpo, por supostas ameazas a outras dúas persoas e por posuír no seu domicilio varias armas “non rexistradas”.

Segundo fontes do Instituto Armado, o ex garda civil proferiría ameazas, portando unha escopeta, a varios veciños por un tema “de lindes”. En definitiva, tratábase dunha discusión sobre terras.

Os feitos producíronse o pasado martes, coa intervención policial que posteriormente acudía ao domicilio do investigado, onde se lle acharon “varias armas non rexistradas”.

É por iso que se lle investiga por estas dúas razóns, por un delito de ameazas e outro por posesión ilícita de armas. Ademais, de acordo coas mesmas fontes, este veciño protagonizara outros altercados no municipio de Friol.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...