InicioSucesosArde unha nave de pitos en Friol

Arde unha nave de pitos en Friol

Afortunadamente non hai que lamentar danos en persoas ou animais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio declarado na mañá deste luns nunha nave de pitos, que se atopaba baleira nese momento, situada no municipio de Friol quedou extinguido.

Segundo informou o 112 Galicia, os Bombeiros de Vilalba consideran finalizada a extinción do lume declarado nunha nave de pitos situada en Madelos, no termo municipal de Friol. As mesmas fontes indicaron que non houbo que lamentar danos persoais e tampouco as aves se viron afectadas. Neste incendio arderon labras espalladas polo chan sen verse afectada a estrutura da nave.

O 112 Galicia tivo constancia do incendio sobre as 8,30 horas a través do propio dono da nave. A partir de aí os xestores de emerxencias activaron un dispositivo de actuación formado polos Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os servizos sanitarios e o persoal de Medio Ambiente da Xunta e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...