InicioSucesosComezan a retirarse os medios de extinción mobilizados polo incendio de Palas...

Comezan a retirarse os medios de extinción mobilizados polo incendio de Palas de Rei

Ardeu unha parte das instalacións que corresponde á cociña e ao comedor. .

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os equipos de extinción desprazados para apagar un incendio declarado no complexo hoteleiro situado na Rúa Bernandino Pardo Ouro, en Palas de Rei, comezaron a retirarse do lugar ao mellorar as condicións do lume alertado ás 5,30 de lamadrugada.

Tras o incendio e a intervención dos equipos de extinción, ningunha persoa resultou ferida. mDesta forma, volveron ás súas bases os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que acudiron cun camión cisterna cargado con 25.000 litros de auga, xunto co equipo desprazado dos Bombeiros de Arzúa.

Por tanto, continúan coa súa intervención os Bombeiros de Chantada, os efectivos de GES de Monterros e unha motobomba enviada pola Central de Incendios de Lugo. Segundo información recollida polo 112 Galicia, agora quedan no lugar cascallos e brasas. Concretamente, ardeu unha parte das instalacións que corresponde á cociña e ao comedor. Ademais, producíase o colapso destas zonas e caía nunha parte próxima alaparcamiento.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...