InicioSociedadeUn menor de Lugo denuncia abusos sexuais por parte de varios adultos

Un menor de Lugo denuncia abusos sexuais por parte de varios adultos

As investigacións continúan coa toma de declaracións e pescudas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un menor de Lugo denunciou por abuso sexual a varios maiores de idade cos que, presuntamente, mantería relacións. A denuncia interpúxose nos últimos días, facéndose cargo da investigación nun primeiro momento o Corpo Nacional de Policía da comisaría de Lugo.

Neste momento é o Xulgado de Instrución Nº1 de Lugo o que leva a investigación, xa baixo segredo de sumario. Descoñécese aínda o número exacto de implicados nin máis datos concretos ao tratarse dunha denuncia de abuso sexual que implica a un menor. As investigacións continúan coa toma de declaracións e pescudas.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...