InicioSucesosDetectan en Lugo un home cun intercomunicador para responder as preguntas do...

Detectan en Lugo un home cun intercomunicador para responder as preguntas do exame de conducir

Un home foi detectado este martes na aula de exame da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo cando facía uso dun intercomunicador a través do teléfono móbil para responder as preguntas do exame de conducir.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detectado este martes na aula de exame da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo cando facía uso dun intercomunicador a través do teléfono móbil para responder as preguntas do exame de conducir.

Nun comunicado, a Xefatura Provincial explica que o cidadán facía uso, de forma fraudulenta, dun teléfono móbil co que obtiña a imaxe das preguntas do exame teórico, colocado baixo unha chaqueta e adherido a unha camiseta con cinta adhesiva.

A cámara do móbil enfocaba as preguntas por detrás da chaqueta e investígase se outra persoa  o axudaba a responder o exterior. De feito, detectouse o uso do dispositivo debido a que os encargados de vixiar a proba comezaron a escoitar unha voz que non se sabía de onde procedía.

Por iso, e seguindo o protocolo habitual, inmediatamente deuse aviso ao grupo GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, para que investigase se se estaba cometendo algún tipo de fraude.

A Xefatura Provincial sinala que esta conduta desvirtúa completamente a preparación que toda persoa aspirante á obtención do permiso de condución debe seguir, cuxo obxectivo non é unicamente superar un exame, senón adquirir, de forma razoada, os coñecementos necesarios para conducir de forma segura e respectuosa con todos os usuarios da vía.

A Dirección Xeral de Tráfico destaca que prioriza que as preguntas estean redactadas nunha linguaxe alcanzable e incidan especialmente nos aspectos máis relevantes para a seguridade viaria.

Por ese motivo, o uso dun dispositivo de intercomunicación non autorizado durante as probas constitúe unha infracción administrativa e supón a declaración como non apto no exame. Ademais, a nova Lei de Tráfico, que entrará en vigor o próximo día 21, o tipifica como infracción moi grave, sancionada con 500 euros de multa e ademais coa imposibilidade de poder volver presentarse ao exame durante seis meses.

ÚLTIMAS

O ferido dun tiro en Lugo acaba detido por tenencia de armas e confírmase que se disparou a si mesmo por accidente

O home que resultou ferido o pasado fin de semana no Barrio de Feijoo...

A Xunta adxudica melloras na LU-113 e LU-530 por máis de 3,2 millóns de euros

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por máis de 3.240.000 euros...

Un home resulta ferido por disparo no barrio de Feijoo

Un home resultou ferido por arma de fogo na noite deste venres no barrio...

O PP denuncia que Puente “dá por descartadas” as variantes e a lanzadeira ferroviaria entre Lugo e Ourense

O PP de Lugo denunciou que o ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, dá...