InicioSucesosDetida unha parella que se adicaba á venda de droga en Lugo

Detida unha parella que se adicaba á venda de droga en Lugo

Interviñéronse máis de douscentos euros en metálico, xunto con 90 doses de cocaína.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron, na cidade de Lugo, a un home de 49 anos e a súa parella, de 42, acusados de venda de droga polo miúdo.

Segundo informou o corpo, a investigación leva en marcha desde 2020, pero dilatouse no tempo debido “as precaucións que os traficantes tomaban para tratar de ocultar a súa actividade, xa que el fora detido en varias ocasións polos mesmos feitos”.

Desde que se iniciaron as pescudas, os axentes puideron comprobar o “alto nivel de vida que levaba a parella, con coches de alta gama, unha vivenda nos arredores da cidade”, e unha actividade social “que non se correspondía con dúas persoas que non acreditan ningún tipo de traballo ou ingreso por outros motivos“.

O atestado remitido ao xulgado apunta que, durante este tempo, os lugares de venda de droga variaban segundo as circunstancias e o vixiados que se considerasen en cada momento, “utilizando tanto a vivenda que posúen no arrabalde, lugar de difícil acceso sen ser detectados, como un comercio de roupa, cuxo funcionamento foi durante moi pouco tempo e ao cal, xa inoperativo, acudían de forma esporádica, así como intercambios nun baixo próximo ao citado comercio”.

Con todo, a Policía procedeu á detención da parella e a realización dos correspondentes rexistros domiciliarios, nos que se interviñeron basculas de precisión, diferentes sustancias para o corte da droga, material para a manipulación da mesma e envoltorios de dúas cores para diferenciar os dous tipos de calidade que puñan á venda, unha de maior pureza e outra de menor pureza.

Tamén se interviñeron máis de douscentos euros en metálico, xunto con máis de 90 doses de cocaína, das cales 80 estaban no domicilio, o que arroxaría no mercado un prezo duns 4.000 euros.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...