InicioLugo e contornaLugoUn condutor ebrio bate contra un coche aparcado no centro de Lugo

Un condutor ebrio bate contra un coche aparcado no centro de Lugo

Aconteceu na tarde do pasado luns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que obtivo alcoholemia positiva despois de bater contra un coche aparcado na tarde deste pasado luns. Segundo informou a Policía Local, ás 17,10 horas deste pasado 7 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasladouse á rúa Eduardo Pondal por un accidente de tráfico.

Os axentes desprazados comprobaron que un vehículo en circulación chocara contra outro estacionado, debido ao que lle ocasionou danos materiais. Ademais, os policías observaron, indican as mesmas fontes municipais, que o condutor presentaba “signos” de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

Por iso, este condutor foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que obtivo resultado positivo de 0,69 mg/l. Debido a isto, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. Por outra banda, nun control levado a cabo este pasado luns pola Policía Local de Lugo foi interceptado un condutor que presentaba signos de embriaguez, polo que o someteron ás probas de detección alcohólica. Neste caso, o condutor obtivo resultado positivo de 0,45 mg/l, polo que se lle abriu expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir.

+ posts

ÚLTIMAS

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...