InicioSociedadeDetido un menor por romperlle o óso orbital esquerdo a outro mozo...

Detido un menor por romperlle o óso orbital esquerdo a outro mozo que non coñecía de nada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, detiveron a un menor de idade por un delito de lesións graves por agredir a un mozo en decembro, ao que rompeu o óso orbital esquerdo.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado 29 de decembro na zona de lecer da Catedral, cando dous mozos que se atopaban no exterior dun dos locais foron abordados por un home, o menor agora detido.

A Policía relatou que o menor, sen mediar palabra, agrediu á vítima, á que propinou tres puñadas na cara, sen que chegase a caer a chan, pero o mozo quedou aparvado.

Como consecuencia desta agresión o mozo agredido tivo que ser asistido no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), nun primeiro momento, para a cura das feridas causadas, pero posteriormente derivou nun tratamento pormenorizado, xa que presenta a rotura do óso orbital esquerdo.

Cos datos achegados pola vítima e a testemuña, os investigadores realizaron as correspondentes dilixencias, no marco das cales identificaron este pasado xoves 20 de xaneiro ao agresor e ao seu acompañante.

Por iso, dirixíronse ao seu domicilio no barrio de Paradai, onde, unha vez localizado foi detido e trasladado a dependencias da Policía Nacional. En presenza do seu avogado e proxenitora en comisaría foi explorado, segundo estipula a lei do menor, matizan as mesmas fontes.

Posteriormente, o mozo arrestado quedou liberdade a cargo dos seus pais e trasladáronse os feitos á Fiscalía de Menores. A Policía Nacional destaca que “non existía ningún tipo de relación entre vítima e agresor”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...