InicioSucesosSeis condutores interceptados mentres conducían baixo efectos do alcohol durante a fin...

Seis condutores interceptados mentres conducían baixo efectos do alcohol durante a fin de semana

Outro condutor foi sancionado por carecer do permiso de condución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana, do 7 ao 9 de xaneiro, a seis condutores que superaron a taxa máxima de alcoholemia permitida e a outro por carecer do permiso de condución.

Segundo informou a Policía Local, en diversos controis de alcoholemia realizados en vías do centro urbano ás 00,35 horas do 8 de xaneiro detectouse a condución irregular dun vehículo pola Rolda da Muralla, cuxo condutor foi identificado.

Os axentes comprobaron na base de datos policial que carece de permiso de conducir, polo que foi trasladado á Unidade de Atestados do corpo municipal, que instruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. Este individuo enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses, multa ou traballos en beneficio da comunidade.

Ás 3,45 horas do mesmo día unha patrulla camuflada observou na Rolda da Muralla a condución irregular dun vehículo, cuxo condutor “presentaba signos de estar bébedo”, apuntan as mesmas fontes policiais, polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica, nas que obtivo positivo de 0,61 mg/l.

Pola súa banda, ás 4,00 horas do mesmo día outra patrulla detectou a circulación irregular dun vehículo que zigzagueaba na Ronda das Fontiñas e, unha vez detido, observou que o condutor presentaba signos de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Sometido ás probas de alcoholemia obtivo positivo de 0,56 mg/l. Nos dous últimos casos abríuselles expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir a cada un.

Mentres, sobre as 1,50 horas do 9 de xaneiro unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectou a circulación irregular dun vehículo pola rúa Galicia, cuxo condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas. Sometido ás probas de alcoholemia, obtivo positivo de 0,42 mg/l, polo que se lle abriu expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do carné.

XUÍZO RÁPIDO

Polo seu lado, ás 2,30 horas do mesmo día 9 outra patrulla detectou a circulación irregular dun vehículo por cálea Primavera, cuxo condutor obtivo na proba de alcoholemia resultado positivo de 0,84 mg/l, o triplo da taxa máxima establecida. Por iso, instruíronse dilixencias como investigado por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Ás 4,20 horas da mesma xornada e rúa foi interceptado un condutor “bébedo”, indica a Policía Local, que obtivo positivo na proba de alcoholemia de 0,54 mg/l, polo que se lle abriu expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.

E ás 3,20 horas deste luns 10 de xaneiro na Rúa dos Gardas foi interceptado un vehículo que zigzagueaba dun lado a outro da calzada, cuxo condutor presentaba “signos de embriaguez”, subliñou a Policía Local.

O seu condutor obtivo resultado positivo de 0,47 mg/l na proba de alcoholemia, polo que se lle abriu expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir. Ademais, procedeuse á inmovilización do vehículo.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...