InicioLugo e contornaLugoSancionados sete mozos por ouriñar na vía pública, tres deles en muros...

Sancionados sete mozos por ouriñar na vía pública, tres deles en muros da Catedral de Lugo

As sancións tramitadas chegan ata os 900 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou sancións de ata 900 euros a sete mozos sorprendidos cando ouriñaban na vía pública a pasada fin de semana, tres deles en muros da Catedral luguesa.

Segundo informou a Policía Local, durante as noites do venres e sábado estableceu un dispositivo especial na contorna da Catedral no marco do que foron sorprendidos tres rapaces que ouriñaban nos muros da Catedral de Lugo; dous na travesía Deán Fernández Varela; un na Rúa do Moucho e outro en Rúa Falcón.

Así mesmo, os axentes inspeccionaron varios locais de lecer nocturno situados no recinto histórico, actuacións no marco das cales se realizaron catro actas de denuncia por infracción á Lei de Espectáculos públicos por incumprir o titular do establecemento a obrigación de contar con persoal habilitado encargado do control de acceso.

A iso súmase unha denuncia por infracción á normativa de Seguridade Social ao detectar nun local de lecer nocturno a un traballador sen contrato de traballo ou xustificante da relación laboral do pagador co traballador.

SEN CERTIFICADO COVID

Ademais, realizouse outra acta denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar no interior dun local de lecer nocturno a clientes que consumían sen posuír ou mostrar o correspondente certificado Covid.

Tamén se tramitou denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao sorprender a un mozo que se atopaba no exterior dun local de hostalaría sen facer uso da máscara e acceder posteriormente ao local, onde seguiu sen facer uso dela.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...