InicioSucesosRecuperado o corpo da persoa falecida que foi localizado nun río en...

Recuperado o corpo da persoa falecida que foi localizado nun río en Carballedo

Tras ter constancia, pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Chantada, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia recuperaron o corpo da persoa que foi localizada falecida nun río en Carballedo, na parroquia de Augada, concretamente no lugar de Tolda, despois de caer o coche que conducía á auga.

Así o confirmaron ao 112 Galicia os Bombeiros de Chantada, que axudaron a sacar o corpo sen vida da persoa do río, informa o servizo de emerxencias.

O 112 Galicia recibiu, ao fío das 11,30 horas, o aviso dunha persoa particular, no que indicaba que acababa de atopar un coche no río e que vía a unha persoa afogada ao seu lado.

Tras ter constancia, pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Chantada, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...