InicioSociedadeTen un accidente, foxe e dá o dobre do permitido en alcol...

Ten un accidente, foxe e dá o dobre do permitido en alcol sendo conductor novel

Foi proposto para unha sanción de 1.000 euros e retirada do carné durante seis meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron un condutor novel que obtivo máis do dobre do permitido na proba de alcoholemia tras fuxir dun accidente. Por iso, foi sancionado cunha multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.

Segundo informou a Policía Local, durante a pasado fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia e instruíronse dilixencias por delitos contra a seguridade viaria.

En concreto, na madrugada do pasado venres ao sábado un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprazouse á rúa República Arxentina, onde unha patrulla interceptou un vehículo que fuxiu dun accidente ocorrido momentos antes na rúa Estaca de Bares.

Os axentes comprobaron que se trataba dun condutor novel quen, sometido ás probas de alcoholemia, obtivo positivo de 0,37 miligramos por litro de aire expirado, que supón máis do dobre do permitido, cando o límite máximo para este tipo de condutores é de 0,15 mg/l.

Por iso, abríuselle expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir, indicaron as mesmas fontes municipais.

XUÍZO RÁPIDO

Por outra banda, esa mesma noite, sobre as 5,00 horas, detectouse na Rolda da Muralla un condutor que presentaba signos de embriaguez. Sometido ás probas de detección alcohólica, obtivo positivo de 0,99 mg/l, que supón catro veces máis que a taxa permitida.

Por iso, neste caso os axentes instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido, concretaron as mesmas fontes municipais.

E ás 6,00 horas do mesmo día un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo instruíu dilixencias por delito contra a seguridade viaria ao condutor dun turismo detectado por unha patrulla da Policía Nacional pola rúa Frei Plácido Rei Lemos sen ningún tipo de iluminación.

Este condutor obtivo un resultado positivo de 0,66 miligramos de litro por aire expirado nas probas de detección alcohólica ás que foi sometido.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...