InicioLugo e contornaDetida unha muller por apuñalar a outra despois de tentar agredir aos...

Detida unha muller por apuñalar a outra despois de tentar agredir aos clientes dunha cafetaría

A vítima permanece ingresada no HULA, con dúas puñadas no costado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a unha muller de 41 anos por un delito de homicidio en grao de tentativa tras apuñalar a outra muller despois de tentar agredir aos clientes dunha cafetaría na capital luguesa.

Segundo informou a Policía Nacional, a detención produciuse na tarde deste pasado mércores por feitos que ocorreron no centro da cidade, cando unha chamada á sala do 091 advertiu de que unha muller tentara apuñalar a varios clientes dunha cafetaría do centro da cidade.

Enviadas todas as dotacións en servizo ao lugar e no traxecto ao mesmo, mediante outra chamada, os axentes foron alertados de que na rúa Conde Pallares “unha muller fora apuñalada por outra”, destaca a Policía.

Así, personadas as dotacións no lugar e verificado que había unha muller que recibiu dúas puñadas nas costas e un brazo, préstaselle asistencia inmediata e unha dotación queda con ela á espera da chegada dos servizos sanitarios.

Mentres tanto, por parte do coordinador de servizos establécese un dispositivo de procura da autora dos feitos, co fin de “evitar que se puidese producir máis incidentes”, destaca a Policía.

De feito, relatan as mesmas fontes, mentres se atendía á vítima que fora apuñalada personouse no lugar a propietaria da cafetaría que dera o primeiro aviso, quen apuntou o intento de agresión a varios dos seus clientes.

Co dispositivo de procura en marcha, e a descrición achegada polas testemuñas da agresión, as dotacións policiais de Radiopatrullas localizaron na rúa San Marcos á autora do apuñalamento, que foi detida e traslada a dependencias policiais na rúa Chantada. A Policía subliñou que “a rápida intervención puido evitar novas agresións”.

NAVALLA INTERVIDA

Cando se procedeu á súa detención incautóuselle unha navalla, coa que supostamente perpetrara as agresións, sinala a Policía Nacional. Está previsto que ao longo deste xoves pase a disposición xudicial.

Pola súa banda, a vítima permanece ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo con dúas puñadas no costado que, sinalan as mesmas fontes, afectáronlle a un pulmón e un brazo.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...