InicioSucesosA Policía Local descobre unha conexión ilegal á rede eléctrica no domicilio...

A Policía Local descobre unha conexión ilegal á rede eléctrica no domicilio onde cumpre condena unha persoa

A Policía Local de Lugo tramitou dilixencias para xuízo rápido para dous condutores que triplicaron na capital luguesa a taxa máxima de alcoholemia permitida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo descubriu un delito de defraudación de fluído eléctrico no domicilio onde cumpre pena de localización permanente unha persoa.

Segundo relatou a Policía Local, os feitos sucederon sobre as 18,00 horas do pasado 17 de setembro cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudía a unha vivenda da rúa Milagrosa para comprobar o cumprimento da pena de localización permanente dunha persoa.

Os axentes observaron como do cadro de luces do portal do edificio saía unha mangueira polo oco da escaleira ata o segundo piso, onde cumpre condena esta persoa. Por iso, os axentes instruíron dilixencias por un suposto delito de defraudación de fluído eléctrico, polo que informaron ao servizo correspondente.

XUÍZO RÁPIDO TRÁFICO

A Policía Local de Lugo tramitou dilixencias para xuízo rápido para dous condutores que triplicaron na capital luguesa a taxa máxima de alcoholemia permitida. Segundo informou a Policía Local, na madrugada do venres ao sábado pasado o equipo de Atestados da Policía Local interveu nun accidente sucedido ás 00,40 horas en República Arxentina, con dous vehículos implicados.

Os axentes comprobaron que o condutor dun deles presentaba “signos de embriaguez”, destacan as mesmas fontes, polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica, nas que obtivo resultado positivo de 0,89 mg/l, polo que triplicou a taxa máxima permitida.

Ademais, detectáronlle que lle constaba no Rexistro de Condutores a perda da vixencia do permiso de condución, polo que se instruíron dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Por outra banda, sobre as 3,35 horas do mesmo día unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectou a “condución irregular” dun turismo pola Rampla de Claudio López.

Os axentes observaron que o condutor presentaba signos de estar baixo os efectos de bebidas alcohólicas, polo que foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que obtivo un positivo de 0,91 mg/l. Por iso, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. Ademais, o seu vehículo foi inmobilizado.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...