InicioTerra CháAbadínDous feridos ao envorcar unha furgoneta na autovía A-8 en Abadín

Dous feridos ao envorcar unha furgoneta na autovía A-8 en Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras saír da estrada e envorcar a furgoneta coa que viaxaban pola autovía A-8, ao seu paso polo municipio de Abadín.

Ocorreu pouco antes das 13,00 da tarde, cando varios particulares avisaron ao 112 Galicia de que unha furgoneta envorcara no punto quilométrico 548 da A-8. Segundo sinalaban os alertantes, no interior do vehículo había persoas atrapadas.

Así, de maneira inmediata, a central de emerxencias informou da situación aos servizos sanitarios, aos bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico. Xa no lugar, os bombeiros confirmaron que tiveran que liberar a un dos ocupantes da furgoneta e que, finalmente, dúas persoas habían resultado feridas.

ÚLTIMAS

TSXG declara nulo o ‘catastrazo’ de Sarria tras unha demanda colectiva

A Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou...

Detido un home por presuntas ameazas de morte contra a súa muller

A Policía Local de Lugo detivo por violencia de xénero a un home no...

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en vías de Castroverde

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas investimentos por...