InicioSucesosArden dous alpendres en Sarria e O Saviñao sen danos persoais

Arden dous alpendres en Sarria e O Saviñao sen danos persoais

En ambos os dous casos foron particulares os que chamaron ao 112.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous alpendres arderon, esta madrugada, nos concellos lucenses de Sarria e do Saviñao, sen provocar danos persoais, segundo informa o 112 Galicia.

Nun primeiro momento este servizo recibiu a chamada dun particular, pasadas as 01,00 horas, para alertar de que ardía unha palleira situada á beira dunha vivenda.

Os feitos sucederon no lugar de Fondo de Vila, no Saviñao e desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso aos Bombeiros de Chantada, a medios forestais e á Garda Civil.

Ao final das tarefas de extinción das chamas, a dotación de Bombeiros confirmou que o lume afectou a material de labranza situado no interior do alpendre e que tamén se viu danado o tellado da edificación, que chegou a derrubarse.

Doutra banda, pasadas o catro da madrugada, os operadores do 112 tiveron constancia dun segundo incendio na localidade de Sarria. Neste caso, foi tamén un particular quen avisou de lume no interior dun alpendre, situado no lugar de Outeiro.

Tras ter constancia, alertouse aos Bombeiros de Sarria e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, para dar apoio e abastecemento de auga no punto, tamén se informou aos Bombeiros de Monforte e a medios forestais.

Finalmente, os Bombeiros de Sarria indicaron que, a pesar de seguir arrefriando a zona, o lume estaba controlado. O incendio afectou a un galpón con maquinaria no interior. En ningún dos dous sucesos, houbo danos persoais.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...