InicioSucesosExpediente para sete presos do cárcere de Monterroso despois de gravarse consumindo...

Expediente para sete presos do cárcere de Monterroso despois de gravarse consumindo pastillas

Ademais, o expediente tamén inclúe a realización dunha tatuaxe cunha maquina especial que está prohibido posuir dentro da cadea.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sete recluídos da prisión de Monterroso foron expedientados por Institucións Penais despois de que se difundiron vídeos gravados con teléfono móbil polos propios internos nos que se pode apreciar a varios consumindo pastillas, afiando un obxecto ou a realización dunha tatuaxe cunha máquina.

Fontes de Institucións Penais confirmaron que se contactou co centro penal para aclarar como puideron gravarse estes vídeos, que foron difundidos por redes sociais nos últimos días.

Nun deles, no que se ve un recluso usando unha máquina de tatuar nas costas doutro preso, o que capta as imaxes cun teléfono móbil apunta a outro interno que estaría a afiar un obxecto, tamén prohibido, mentres pon en cuestión que os funcionarios do cárcere exerzan os labores de vixilancia de forma adecuada.

“Dous módulos, un con dez tíos e outro con outro dez, dous gardas, máis a da noite, cobrando mil e pico pavos, traballan 48 horas seguidas e logo descansan o resto da semana”, relata o que porta o móbil.

“Por aquí non hai nin Deus… A tele de merda, os gardas aí na garita co teléfono e a tele. Aquí o coleguita afiando aí algo, e os colegas aí tatuando para pasar o tempo”, continúa, mentres que se ouve por detrás: “Se queredes facer unha tatuaxe, vide a Monterroso”.

Ao tempo, o que segue gravando, quéixase de que no cárcere, por exemplo, non se forme a quen queiran aprender a tatuar. “No canto de facer un curso, cóllenlles a máquina, métenlles un parte e para illamento. Esa é a puta reinserción social que hai. Que veña un monitor e ensinen a tatuar”, pide.

Noutro vídeo, pódese ver a varios reclusos nunha mesa con numerosas pastillas. Presumen de telas e baleiran o contido dalgunhas nun vaso de plástico, no que logo verten o contido dunha lata que parece un refresco. “Cóctel molotov, isto é para que vostedes, gocen”, di un deles.

Á marxe da investigación activada para esclarecer o ocorrido no penal de Monterroso, Institucións Penais confirmou que foron identificados e amoestados os sete presos que intervirían nos feitos. A todos eles abríuselles un expediente disciplinario e incautáronselles os obxectos prohibidos.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...