InicioSucesosLocalizada no HULA a muller que levaba días sen aparecer segundo ...

Localizada no HULA a muller que levaba días sen aparecer segundo unha veciña

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 20,00 horas do pasado 11 de xuño recibiuse chamada na Sala do 092 na que unha persoa manifestou que estaba preocupada porque facía "un tempo" que non vía á súa veciña e temía que lle puidese suceder "algo grave" xa que vive soa.

PUBLICADA O

A Policía Local de Lugo localizou ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti a unha muller que vive soa despois de que unha veciña alertase de que facía días que non a vía.
Segundo relatou a Policía Local, sobre as 20,00 horas do pasado 11 de xuño recibiuse chamada na Sala do 092 na que unha persoa manifestou que estaba preocupada porque facía “un tempo” que non vía á súa veciña e temía que lle puidese suceder “algo grave” xa que vive soa.
Os axentes acudiron á vivenda da rúa Río Sil, onde non respondeu ninguén á porta, tras o que pescudaron que esa persoa estaba ingresada no HULA desde hai unha semana. Por outra banda, ás 13,30 horas do mesmo 11 de xuño a Sala do 092 recibiu outra chamada na que unha persoa manifestou que levaba un día tratando de localizar a un familiar “sen éxito” e advertiu de que padecía unha enfermidade neurolóxica e temía que lle pasase “algo grave”, indican as mesmas fuetes policiais.
Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu a un edificio da Ronda das Fontiñas e accedeu ao interior da vivenda, na que achou a esta persoa “sentada no sofá, en bo estado”, concretan as mesmas fontes, tras o que quedou ao coidado dun veciño e o familiar.
CAÍDA
Así mesmo, sobre as 1,45 horas do 12 de xuño unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acudiu a unha vivenda en Roi Xordo, porque unha señora de idade avanzada caeuse no interior e a familiar coa que convive era “incapaz de levantala”, destacan as mesmas fontes.
Os axentes procederon a incorporala e trasladala ao baño para que fixese as súas necesidades fisiolóxicas e despois á súa cama, onde quedou a cargo da familia, sen que fose necesaria a intervención dos servizos sanitarios.
Así mesmo, sobre as 4,00 horas do día 14 de xuño unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectou na Praza de Bispo Odoario a unha muller caída na beirarrúa, polo que procedeu a auxiliala. Os axentes comprobaron que sufrira un mareo, polo que requiriron a presenza dunha ambulancia, que a trasladou ao HULA.

ÚLTIMAS

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...