InicioSucesosO pai da nena morta en Muimenta volve pedir prisión permanente

O pai da nena morta en Muimenta volve pedir prisión permanente

A autopsia considerou probado que a morte se producira por asfixia mecánica cunha almofada ou similar sobre a boca da nena mentres estaba na cama.

PUBLICADA O

José Manuel Leal, pai de Desirée, a nena que foi atopada morta na súa cama o 3 de maio de 2019 en Muimenta, municipio de Cospeito, prevé que o xuízo –con tribunal de xurado– se celebre “máis ou menos” no mes novembro, segundo a información que lle trasladou a Audiencia Provincial de Lugo.
Así, insiste en que pedirá a prisión permanente revisable para Ana Sandamil, a súa expareja e nai da nena, investigada pola morte da menor. Á nena atopárona falecida os sanitarios dunha ambulancia tras unha chamada da avoa, a nai da súa exparella. A autopsia considerou probado que a morte se producira por asfixia mecánica cunha almofada ou similar sobre a boca da nena mentres estaba na cama.
Agora, Leal sinala que o crime ocorrido en Canarias, co asasinato dun pai das súas dúas fillas, fíxolle revivir o ocorrido ao ter “moitos recordos” con “este tipo de barbaridades que fan monstros, porque iso non o fai un persoa”. “Pagar nunca van pagar polo que fixeron, pero polo menos que pasen toda a súa vida no cárcere”, sostén. En opinión de Leal, “a prisión permanente revisable tería que ser cambiada pola cadea perpetua”.
+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...