Gran operación da Garda Civil en Lugo con seis detidos

O instituto armado desprega un helicóptero e patrullas de varias comandancias na cidade de Lugo, realizando rexistros e detencións

(Arquivo) BK-117 da Garda Civil | Dennis van Zuijlekom
(Arquivo) BK-117 da Garda Civil | Dennis van Zuijlekom

Un importante despregamento da Garda Civil realizou dende primeira hora deste martes unhas serie de rexistros e detencións en Lugo capital.

O operativo contou cun helicóptero e unidades de varias comandancias galegas, e segundo recolle GaliciaConfidencial, ten por obxectivo desarborar grupos adicados á delincuencia común na cidade.

Esta información apunta a que o instituto armado interviu no poboado xitano do Carqueixo, un dos focos da operación. Varias testemuñas certificaron a comparecencia de axentes da Garda Civil con pasamontañas e armamento pesado nas rúas Nazario Abel e Concello.

Seis persoas resultaron detidas por estar supostamente vencelladas a roubos con forza en vivendas de núcleos rurais e alpendres en diferentes vilas de Galicia.

A cobertura aérea que velaba polo axeitado desenvolvemento da intervención retirouse cara as 12.00 horas.

Segundo a fonte mencionada, é a comandancia da Coruña a que coordina o operativo no que interveñen tamén axentes da Garda Civil de Lugo. Un xulgado da provincia da Coruña realiza as dilixencias.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here