InicioSucesosTramitadas 15 actas de denuncia por incumprimento da limitación de grupos de...

Tramitadas 15 actas de denuncia por incumprimento da limitación de grupos de persoas a fin de semana

Segundo informou a Policía Local, estas denuncias tramitáronse durante os dispositivos establecidos para o control do cumprimento da normativa Covid por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo tramitaron 15 actas denuncia por incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados durante o pasado fin de semana.

Segundo informou a Policía Local, estas denuncias tramitáronse durante os dispositivos establecidos para o control do cumprimento da normativa Covid por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

A Policía Local lembra que desde o pasado 9 de maio, data na que concluíu o estado de alarma, entre a 1,00 e as 6,00 horas a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, están limitados aos constituídos exclusivamente por persoas convivientes.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...