InicioSucesosDeteñen un mozo de 24 anos por conducir ebrio e agredir a...

Deteñen un mozo de 24 anos por conducir ebrio e agredir a un policía

Ocorreu a pasada noite no transcurso dos dispositivos especiais para velar polo cumprimento da normativa covid e da seguridade viaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a un mozo de 24 anos, veciño da cidade, que foi interceptado por conducir en zigzag e deu positivo no test de alcoholemia, tras o cal agrediu a un dos axentes que lle deron o alto.

Ocorreu a pasada noite no transcurso dos dispositivos especiais para velar polo cumprimento da normativa covid e da seguridade viaria. Así, ao redor das 5,00 da mañá durante un control situado en rúa Julia Minguillón, os axentes observaron como o seu coche circulaba en zigzag, sen as luces traseiras acesas e sen que ningún dos ocupantes leva a máscara.

Ao darlle o alto, os policías realizaron o test de alcoholemia ao condutor, que arroxou resultado positivo de 0,62 miligramos por litro. Ademais, tanto el como a persoa acompañante foron propostos para sanción por saltarse a prohibición de reunións de persoas non convivientes entre a 1,00 e as 6,00 da madrugada e por non facer uso da máscara.

No momento da intervención, o mozo propinoulle un “forte golpe no brazo dereito” e “un empuxón” a un dos axentes, o que provocou que caese ao chan, segundo relata o Concello nun comunicado. Por iso, o resto de policías tiveron que intervir e esposarlo “para que a agresión non fose a máis”.

Ademais, unha patrulla da Policía Nacional cooperou cos axentes locais para trasladalo ás súas dependencias, onde se instruíron dilixencias por un delito de atentado á autoridade, á parte do delito contra a seguridade viaria, para remitilas ao xulgado de garda correspondente.

OUTRAS INFRACCIÓNS

De igual modo, durante os mesmos controis nocturnos, a Policía Local de Lugo instruíu dilixencias por delito contra a seguridade viaria contra outro condutor que, sobre as 4,30 horas, foi sorprendido ebrio na Rolda de Fingoi. Ao realizárselle o test de alcoholemia, arroxou un resultado de 0,79 miligramos por litro.

Noutro dos dispositivos, os axentes denunciaron a outro condutor por circular sen seguro obrigatorio e deron o alto a un vehículo cuxas matrículas dianteira e traseira tiñan diferente numeración. Así, ordenáronlle a retirada da placa dianteira, que non se correspondía co coche.

Así mesmo, nos controis de velocidade realizados durante a noite, a Policía Local denunciou a un total de seis condutores que excedían a máxima permitida para a vía.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación estende aglomerado no Corgo sobre o cinto comarcal de estradas

  A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana o estendido do aglomerado en...

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PPdeG propón unha declaración institucional para condenar a vandalización do busto de Manuel Fraga en Vilalba

O PPdeG enviou ao resto de grupos parlamentarios unha proposta de declaración institucional para...