InicioSucesosDesmantelan un punto de venda próximo a un centro educativo en Lugo...

Desmantelan un punto de venda próximo a un centro educativo en Lugo e deteñen a un perigoso delincuente

Moitos dos seus clientes eran mozos menores de idade que acudían ao lugar a adquirir as súas doses de droga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo encargados da investigación dos delitos relacionados coa saúde pública desarticularon un punto de venda de droga na Rúa Alexandre Bóveda, a escaso metros dun centro educativo onde se puido comprobar que se vendía droga a menores de idade. O operativo saldouse cunha parella e o seu fillo detidos.

Segundo informou a Policía Nacional, nese operativo detívose a tres membros dunha mesma familia, dous homes e unha muller de nacionalidade española con idades comprendidas entre os 42 e os 19 anos.

As investigacións comezaron a principios do ano 2020 debido á “crecente alarma social que xeraría a presenza dos detidos nun domicilio da zona onde era continua a afluencia de persoas con aspecto de toxicómanos”, indica a Policía, que “tras acudir brevemente ao domicilio para adquirir a droga permanecían en grupos polos arredores, incrementando mais se cabe a sensación de inseguridade entre os veciños e empresarios da zona”.

As mesmas fontes policiais sinalaron que en distintos momentos chegáronse a producir unha serie de liortas na zona nas que estaban implicados os investigados.

As pescudas realizadas polos axentes comprobaron como a trasfega de persoas que acudían ao domicilio dos detidos “era continuo e constante”, destaca a Policía, ao longo de distintas horas do día, polo que iniciaron un proceso de investigación que lles levou a recompilar distintos indicios acerca de que en dita vivenda vendíanse sustancias estupefacientes. Moitos dos seus clientes eran mozos menores de idade que acudían ao lugar a adquirir as súas doses de droga.

Tamén chamou a atención dos investigadores, o feito de que durante o período mais estrito de confinamento domiciliario derivado da crise sanitaria, a trasfega de persoas que acudían a comprar droga a este domicilio non se reduciu en ningún momento, aínda que ao contrario a afluencia de consumidores á vivenda dos detidos aumentou.

CINCO ORDES

Durante a investigación a Policía puido constatar tamén que no interior da vivenda se ocultana un membro do clan familiar, sobre o que pesaban cinco ordes de procura e captura, por distintos xulgados de toda Galicia e de Asturias, entre elas unha para o ingreso en prisión desta persoa.

Tras varios meses de investigacións e solicitar os indicios suficientes, os axentes, coordinados polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, efectuaron unha entrada e rexistro da vivenda onde residían os implicados e comprobaron que un deles era o home que buscado polos xulgados de distintos puntos da xeografía galega e asturiana.

Así mesmo, foron arrestados a esposa e o fillo deste unha vez que no domicilio foron atopadas distintas cantidades de haxix distribuída en bolsitas individuais, preparadas para a súa venda, así como diñeiro fraccionado e distintos útiles para a pesada e o empaquetado da droga.

No rexistro interviñéronse armas brancas de grandes dimensións, “o que dá idea do carácter conflitivo dos detidos na operación policial”, subliña a Policía.

FUXIDA

En canto ao home sobre o que pesaban as reclamacións, unha vez en dependencias policiais, imputóuselle ser o responsable dunha perigosa fuxida en vehículo que protagonizara días antes tras ser interceptado na estación de autobuses ao ver a presenza policial.

Ao darlle o alto, dirixiuse a un vehículo estacionado no exterior, meteu medio corpo no mesmo, a través do portelo, e fuxiu do lugar. No seu percorrido impactou contra o turismo dun particular que, ao ver a escena, tratou de interceptarlles o paso.

Os detidos, unha vez finalizadas as dilixencias, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, o cal acordou o ingreso en prisión dun dos detidos.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...