InicioSucesosContinúa a busca do desaparecido en Navia a pesar do incidente dun...

Continúa a busca do desaparecido en Navia a pesar do incidente dun helicóptero da Garda Civil

A busca segue por terra e por aire mediante drones.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos coordinados pola Garda Civil proseguen este martes por terra e aire a procura do veciño de Navia de Suarna que permanece desaparecido desde o venres pasado. Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, desde primeira hora deste martes continúan os labores de rastrexo por “zonas concéntricas” do lugar de desaparición deste home.

As mesmas fontes indicaron que o helicóptero que tivo que aterrar de emerxencia este luns no marco do dispositivo sumarase de novo aos labores “cando estea dispoñible”, polo que contan con drones para a procura aérea.

De feito este luns o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) colaborou no operativo despregado para localizar ao home de 53 anos de idade que desapareceu da súa casa no lugar de Ventosa, en Navia de Suarna, o pasado venres.

Co emprego de drones, os membros do GALI peitearon este luns unha zona próxima á vivenda, na parroquia de Moia, na procura dalgunha pista para dar co desaparecido. Polo momento, subliñou a Garda Civil, “todas as hipóteses están abertas“.

O 112 Galicia tivo coñecemento da desaparición do home durante a noite do sábado, a través de varios dos seus familiares e, a partir de aí, activouse un operativo, coordinado pola Garda Civil, no que colaboran efectivos do GES de Becerreá, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cervantes e a Unidade de Drones da Axega.

O desaparecido, de 53 anos, vive só na aldea de Ventosa e foi un veciño de alertou o sábado pola tarde de que non o vía desde facía un día, e que ademais tiña o coche no garaxe á beira de casa. O home chamábao e non contestaba e a vivenda estaba pechada. O home desaparecido non ten irmáns e conta con familiares en segundo grao. Hai testemuños que aseguran que foi visto no municipio o venres ao mediodía.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...