InicioSucesosA Policía Local de Lugo intervén en catro festas en pisos na...

A Policía Local de Lugo intervén en catro festas en pisos na fin de semana

Tamén se detectou un condutor que conducía baixo o efecto do alcohol entre a Avenida da Coruña e a Rúa do Dolmen.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interviñeron durante o pasado fin de semana en catro festas celebradas no interior de vivendas da cidade, por mor das que formularon tres denuncias por senllas infraccións á ordenanza de Protección Ambiental.

Segundo informou a Policía Local, a primeira festa tivo lugar sobre as 22,40 horas do pasado venres nun inmoble da rúa Flor de Malva, onde os veciños se queixaron polos “ruídos molestos” procedentes dun baixo.

Unha vez no lugar, os axentes identificaron a catro mozos que se atopaban alí e formularon unha acta de denuncia por infracción da ordenanza de Protección Ambiental. Ademais, requiríronlles a estas persoas para que cesasen as molestias, o que fixeron ao momento, tras o que se marcharon para non quebrantar o toque de queda.

En segundo lugar, efectivos da Policía Local acudiron sobre as 3,00 horas do pasado sábado a un edificio da Praza Primeiro de Maio por denuncias dos veciños por ruídos molestos nunha vivenda. Alí comprobaron que había un volume excesivo dun televisor e de actividade humana, polo que identificaron ao responsable e formuláronlle unha denuncia.

Así mesmo, as 3,15 horas dese día unha unidade trasladouse ata a rúa Fabio Máximo por ruídos procedentes dunha vivenda. No lugar, comprobou que había actividade humana e música con volume alto, polo que procedeu a identificar á responsable, quen indicou que charlaba cunha persoa conviviente sen decatarse de que causaba molestias.

Finalmente, ás 23,10 horas do mesmo día unha patrulla desprazouse ata unha vivenda na rúa Luís Ameijide ante as queixas dos veciños por ruídos. Desta forma, comprobou que no interior estaba a celebrarse unha festa, polo que identificaron á responsable. Os ruídos cesaron de inmediato, aínda que se levantou unha acta de denuncia.

SEGURIDADE VIARIA

Noutra orde de asuntos, pouco antes das 18,00 horas do venres unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detectou que un vehículo circulaba de forma irregular entre a Avenida da Coruña e a Rúa do Dolmen.

Tras interceptar ao condutor, os efectivos observaron que presentaba “signos evidentes” de atoparse baixo os efectos do alcol, polo que lle realizaron as probas, nas que deu positivo de 1,07 mg/l –o que supera máis de catro veces a taxa máxima permitida–. Por este motivo, instruíronselle dilixencias xudiciais por un delito contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...