InicioSucesosHelicópteros e drones buscan a un home desaparecido en Navia

Helicópteros e drones buscan a un home desaparecido en Navia

O home podería estar desaparecido desde hai uns "dez días".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. Medios aéreos da Garda Civil súmanse desde hoxe á procura dun home desaparecido no municipio lucense de Navia de Suarna, despois de que a súa familia denunciase a súa falta durante o fin de semana.

Segundo informaron a EFE fontes da Garda Civil, trátase dun home dun cincuenta anos que desapareceu no lugar de Ventoso, no municipio de Navia de Suarna, na Montaña lucense.

A familia denunciou a súa desaparición ante a Garda Civil a última hora da tarde do sábado -1 de maio-, aínda que se sospeita que o home pode levar desaparecido “ao redor duns dez días”, subliñan as mesmas fontes. Para tratar de localizalo, púxose en marcha un dispositivo de procura no que participan axentes da Garda Civil, veciños e membros doutros servizos de emerxencias.

Na xornada de hoxe incorporaranse aos labores de rastrexo un helicóptero e drones da Benemérita.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...