InicioSucesosA Policía vixía o poboado de Mazoi tras a liorta entre dúas...

A Policía vixía o poboado de Mazoi tras a liorta entre dúas familias xitanas nas Gándaras

Non descartan arrestos nas vindeiras horas debido á gravidade do suceso, que acabou con catro persoas feridas atendidas no Hula.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Corpo Nacional de Policía (CNP) mantén activo e despregado un dispositivo de vixilancia sobre o poboado de Mazoi, en Lugo, despois da liorta que se produciu onte entre dúas familias xitanas á saída do colexio das Gándaras. A pelexa acabou con catro persoas atendidas no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula).

Aínda que onte a Policía Nacional despregouse na contorna do HULA para evitar novos enfrontamentos entre ambos clans, fontes policiais confirmaron a EFE que neste momento a vixilancia céntrase sobre os movementos no poboado de Mazoi.

De momento, non se produciron detencións por mor deste suceso, pero non se descartan arrestos nas próximas horas, dada a gravidade do sucedido a causa do enfrontamento entre ambas as familias.

A liorta veu precedida, segundo os primeiros indicios que manexa a policía, dunha pelexa entre dous mozos, o que fixo que familiares dun deles fosen esperar os membros do outro clan na entrada do colexio das Gándaras, para atoparse con eles cando fosen polos nenos.

+ posts

ÚLTIMAS

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...