InicioSociedadeFerido de consideración un motorista tras unha colisión cun coche na N-VI

Ferido de consideración un motorista tras unha colisión cun coche na N-VI

Outro home de 43 anos foi evacuado ao Hula tras saírse da vía en Muimenta e chocar contra unha árbore.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un motorista resultou ferido de consideración á primeira hora desta tarde por mor dun accidente de circulación que se produciu no municipio lucense de Rábade.

Segundo informaron a EFE fontes dos servizos de emerxencias, o accidente produciuse sobre as 13:30 horas na N-VI como consecuencia da colisión entre unha motocicleta e un coche.

O particular que avisou ao 112 informou de que o motorista quedara tendido sobre o asfalto, concretamente á altura do quilómetro 515 da Nacional VI, antes da ponte que pasa por encima do río Miño.

Para auxiliar a vítima foi mobilizado o servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Rábade. Ata o lugar do accidente desprazouse unha ambulancia de Soporte Vital Avanzado do 061.

SAÍDA DE VÍA EN MUIMENTA

Por outra banda, un home de 43 anos de idade, con iniciais F. R. F. G, tamén resultou ferido á primeira hora desta mañá nun accidente de circulación en Muimenta (Cospeito).

Segundo informaron fontes do 112, o accidente ocorreu nunha estrada local deste municipio, concretamente na vía que comunica Muimenta co Carrizal, cando o coche que conducía o ferido saíuse da vía e acabou chocando contra unha árbore.

O 112 recibiu aviso do accidente ás 07:31 horas e, inmediatamente, mobilizou o 061, a Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Vilalba. Tras recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do sinistro, a persoa ferida foi evacuada nunha ambulancia de Soporte Vital Básico do 061 ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...