InicioSucesosA Policía Local intervén en oito domicilios de Lugo por festas privadas

A Policía Local intervén en oito domicilios de Lugo por festas privadas

Veciños queixáronse do ruído procedente do interior das vivendas

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo tiveron que intervir durante a fin de semana en oito domicilios, como consecuencia de queixas veciñais por mor dos ruídos procedentes de reunións ou festas privadas.

A primeira intervención dos axentes produciuse ás 22:15 horas, como consecuencia dunha reunión de catro persoas nun piso en Estrada da Granxa, e a última ás 04:55 horas, nun domicilio en Curros Enríquez, onde a Policía Local tivo que ir ata en dúas ocasións -a primeira ás 02:15 horas- por mor dun grupo de xente falaba en voz alta e tiña música posta cun volume demasiado elevado.

Tamén interviñeron por voces e música nun ton demasiado elevado en domicilios de San Roque e Músico de Falla.  Na rúa Mariña Española, o inquilino dun piso do que saían “ruídos molestos” para os demais veciños, confesoulles aos axentes que estaba a celebrar unha festa con outros tres amigos.

Durante a pasada madrugada -do 24 ao 25 de xaneiro-, a Policía Local tivo que intervir en domicilios da Rolda do Carme e a Avenida da Coruña, ás 1:50 e ás 04:50 horas, como consecuencia de ruídos molestos para os demais veciños. En todos os casos, os axentes levantaron acta de denuncia por infraccións da Ordenanza de Protección Ambiental.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...