InicioSucesosDenunciados tras unha persecución por Lugo baixo os efectos de droga

Denunciados tras unha persecución por Lugo baixo os efectos de droga

Tamén foron sancionados por incumprir o toque de queda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou na noite do sábado tres condutores que protagonizaron unha persecución polo centro da cidade. Os axentes procederon a denunciar os implicados por incumprir o toque de queda, xa que pasaban das 23,00 da noite, e a dous deles, ademais, por conducir baixo os efectos de alcol e drogas.

Os feitos sucederon sobre as 23,05 horas, cando se recibiu na sala do 092 unha chamada na que un condutor informaba de que estaba a ser perseguido por outro vehículo co que tivera un accidente de circulación na glorieta que conecta a Avenida Duquesa de Lugo coa rúa Paradai.

Ademais, durante o percorrido polo centro da cidade, a esta persecución uniuse un segundo coche despois de que o seu amigo o avisase por teléfono móbil. O traxecto finalizou na rúa das Artes, nas inmediacións da Policía Local, onde se produciu un intento de agresión que foi cortada polos axentes.

Así, os actuantes procederon a someter aos tres condutores implicados ás probas de detección de alcol e drogas. Deste xeito, tanto o perseguido como un dos perseguidores deron positivo en cocaína e cannabis. Este último tamén arroxou unha taxa de alcoholemia de 0,53. Estes resultados tiveron como consecuencia a apertura de dilixencias policiais por infraccións que poden supor multas de 1.000 euros e a perda de seis puntos do permiso de conducir.

Así mesmo, de acordo coa normativa sanitaria para facer fronte á pandemia do coronavirus, foron denunciados por circular pola vía pública pasadas as 23,00 horas, cando estaba vixente o toque de queda.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...