InicioSucesosDetido en Lugo por causar danos en bares sen levar máscara, cuspir...

Detido en Lugo por causar danos en bares sen levar máscara, cuspir á xente e agredir aos policías

O home causou desfeitas en varios locais da capital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo na tarde deste xoves a un home de 35 anos por causar desordes e danos en varios bares da cidade sen levar máscara, ademais de insultar e cuspir aos presentes e, posteriormente, resistirse e agredir aos axentes que actuaron.

Sobre este home, segundo informa a Policía Nacional, constan innumerables antecedentes, entre eles unha investigación de domicilio e paradoiro por un furto ocorrido hai semanas nunha confeitaría de Lugo.

Os feitos que motivaron a súa detención ocorreron na tarde deste xoves, cando a sala do 091 recibiu varias chamadas por un home que estaba na vía pública e en varios bares causando danos e insultando aos demais usuarios.

Aínda que nun primeiro momento foi interceptado e denunciado por non levar máscara, horas máis tarde recibíronse novos avisos de que unha persoa estaba a provocar máis danos, esta vez na rúa Divina Pastora.

Deste xeito, os efectivos de Radiopatrullas se personaron outra vez no lugar e comprobaron que era a mesma persoa, quen esta vez rompera as cadeiras duns bares da zona, aínda que os seus donos non quixeron interpor unha denuncia.

Así, os axentes marcharon do lugar pero quedaron na zona por se se volvían a producir altercados. Efectivamente, momentos despois entrou o home nun bar, de novo sen máscara, mentres insultaba e cuspía aos presentes.

Nese momento, os actuantes procederon a tratar de inmobilizalo. O home tratou de impedilo “por todos os medios agredindo aos policías”, segundo o relato da Policía Nacional, que finalmente logrou detelo.

Tras isto, foi trasladado a dependencias na rúa Chantada para ingresalo nos calabozos mentres se elabora o correspondente atestado para envialo ao xulgado ao lardo deste venres.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...