InicioSucesosCachan unha muller que conducía baixo o efecto das drogas e que...

Cachan unha muller que conducía baixo o efecto das drogas e que fixo caso omiso do toque de queda

A condutora circulaba nun turismo sen ITV nin seguro. Tampouco tiña o carné en vigor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigada unha veciña de Lugo de 49 anos de idade por un delito contra a seguridade viaria tras ser interceptada durante o toque de queda cando conducía un turismo que carecía de seguro obrigatorio, levaba a ITV caducada e co permiso de condución retirado pola perda dos puntos.

Segundo informou o Instituto Armado, a muller foi cachada na madrugada do pasado sábado nun control establecido na N-540, en Guntín. No momento da identificación, a condutora non puido xustificar “ningunha das autorizacións previstas para desprazarse no tramo horario entre as 23:00 ae as 6:00 horas”.

A persoa investigada conducía un turismo que carecía de seguro obrigatorio e ITV en vigor. Ademais, a condutora tiña retirado o permiso de conducir pola perda de todos os puntos asignados. A muller foi sometida ao test de detección de sustancias estupefacientes, no que obtivo resultado positivo.

A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...