InicioSucesosCatro mozos non conviventes foron cachados mentres facían botellón en Lugo

Catro mozos non conviventes foron cachados mentres facían botellón en Lugo

A Policía Local tamén denunciou a varias persoas por non levar máscara ou por fumar nun espazo público sen gardar a distancia de seguridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou denuncias a catro mozos que foron sorprendidos cando facían un botellón na capital luguesa na tarde do pasado sábado 31 de outubro.

Segundo o relato policial, os rapaces atopábanse preto dunha residencia de maiores na Avenida de Infanta Elena.  No momento da identificación, os axentes comprobaron que “non eran conviventes”, polo que tramitaron actas de denuncia por incumprir o decreto que limita as reunións e a normativa que prohibe a celebración de botellóns.

MÁIS DENUNCIAS

Ademais, durante a fin de semana a Policía Local tramitou actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia por dúas persoas non conviventes que se atopaban en espazo público sen levar a máscara obrigatoria.

Así mesmo, outras dúas persoas foron denunciadas por fumar nun espazo de uso público sen gardar a distancia de seguridade co resto de persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...