InicioSociedadeIdentificados seis menores por realizar un botellón en Lugo

Identificados seis menores por realizar un botellón en Lugo

Os menores comezaron a correr pero resultaron detidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interveu entre o sábado e este luns, coincidindo coa celebración das festas de San Froilán, en tres botellóns na cidade, nun dos cales identificou a seis menores que comezaron a correr cando foron sorprendidos polos axentes. Segundo informou a Policía Local, sobre as 18,30 horas do pasado 3 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou no estacionamento disuasorio na zona de Renfe a un grupo de mozos que realizaban un botellón.

Ao detectar a presenza da patrulla, relataron as mesmas fontes, comezaron a correr e abandonaron varias botellas de alcol, pero foron interceptados pola dotación policial. Deste xeito, foron identificados seis novos menores de idade –uno de 14 anos, tres de 15 e dous de 16 anos–, que foron propostos para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia e foron informados os seus pais dos feitos.

Por outra banda, sobre as 1,25 horas do día 4 foi detectado outro botellón no anfiteatro universitario do campus en Lugo, no que participaban varios mozos que, ao detectar a presenza dos axentes, fuxiron á carreira, sinalou a Policía Local, e abandonaron un altofalante “de considerables dimensións” que foi recollido polos axentes e depositado en dependencias policiais.

Ademais, sobre as 1,35 horas do día 5 de outubro detectouse outro botellón en Augas Férreas, no que foron identificados tres novos, os cales foron propostos para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

MÁSCARA E AFORAMENTO

Así mesmo, a Policía Local de Lugo tramitou tres actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia na calexa do Teatro, Rolda do Carme e Avenida da Coruña ao sorprender a dúas persoas que transitaban pola rúa sen facer uso de máscara.

Tamén na madrugada do 3 ao 4 de outubro efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron tres actas de denuncia a tres locais de hostalaría –situados en Julia Minguillón, Milagrosa e Salvador de Madariaga, por superar o aforamento establecido.

E na rúa Salvador de Madariaga, ademais, tramitouse denuncia a un local por atoparse aberto ao público con clientes no interior ás 1,25 horas, a pesar de que a normativa da Xunta establece como hora límite de peche da hostalaría as 1,00 horas.

ÚLTIMAS

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali ou Guadi Galego, primeiros confirmados do cartel das festas do San Froilán

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali, El Consorcio e, entre outros, Guadi Galego, únense ao...

Detido un septuaxenario en Vilalba por cravar puntas nas rodas de 19 camións dunha empresa de transporte

A Garda Civil de Lugo detivo a un septuaxenario como presunto autor dun delito continuado de danos por...

Arquivan a última peza da ‘Operación Pulpo’, a causa sobre irregularidades na Deputación de Lugo

A última peza da Operación Pulpo, composta por 62 tomos e que investigaba a...

Detido un condutor sen carné, positivo en alcol e drogas, tras fuxir do 092 circulando de forma temeraria en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un condutor de 52 anos de idade...