InicioSucesosUn policía cae polas escaleiras empuxado por participantes dunha festa nun piso...

Un policía cae polas escaleiras empuxado por participantes dunha festa nun piso en Lugo

Os axentes pedíronlle á responsable de festa no inmoble, de 45 de anos, que cesasen as molestias e esta negouse.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou dunha intervención por ruído nun piso de Lugo durante a que se produciu a caída dun dos axentes que interviñeron, empuxado por varios mozos que participaban nunha festa.

Segundo relata a Policía Local, foi sobre as 4,00 horas do pasado 12 de setembro cando a Central de Comunicacións do 092 deu aviso de que se trasladasen a un edificio da Rúa Río Chamoso, dado que os veciños queixábanse do ruído que proviña dunha das vivendas.

Os axentes comprobaron a veracidade das chamadas, con ruído nun ton “excesivamente alto”, polo que chamaron e falaron cunha muller que afirmou ser a responsable. A ela, segundo relata a Policía, pedíuselle que cesasen as molestias, pero “negouse” e, detrás da mesma, situouse “un grupo de tres parellas de mozos que asistían á festa e que a alentaban”.

Tras identificar ao que dicía ser a parella da muller, a Policía explica que este aproveitou o momento para baixar as escaleiras e golpear violentamente a porta dun dos veciños, o que “cría que era o que a denunciaba”, proferindo insultos contra os seus moradores.

A continuación, un dos axentes tentaría identificar á muller, pero esta sería axudada polos mozos que estaban no interior do domicilio e que “empuxaron en multitude” aos axentes. Un deles, segundo relata a Policía, caeu polas escaleiras ata impactar contra a parede.

Finalmente, a Policía relata que se logrou introducir á muller no seu domicilio, sendo posteriormente identificada como S.M.G.H., de 45 anos de idade, así como os mozos que participaron no tumulto, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda por estes feitos.

Así mesmo, cursouse denuncia por infracción á ordenanza de Protección Ambiental e por non usar máscara.

BOTELLÓN

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo informaron de que o pasado sábado detectaron que un grupo de mozos facía “botellón” na zona do Carme, levantándose seis actas denuncia.

Na mesma tarde, levantáronse catro actas máis ao sorprender a un grupo de mozos na Praza Maior sen facer uso da máscara e sen manter as distancias de seguridade interpersoal.

Sobre as 1,35 horas do domingo 13, a Policía informa tamén de que foron sorprendidas tres persoas no interior dun vehículo que non utilizaban máscara sen ser unidade de convivencia. Un dos ocupantes estaba a fumar e procedeuse a levantar tres actas denuncia.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...