InicioSucesosDous voluntarios de Protección Civil feridos tras envorcar o vehículo no que...

Dous voluntarios de Protección Civil feridos tras envorcar o vehículo no que circulaban en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous voluntarios de Protección Civil, un dos cales foi evacuado a un centro hospitalario, sufriron lesións de diversa consideración ao envorcar o vehículo no que se desprazaban pola estrada de Ombreiro, en Lugo.

Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro ocorreu ás 20,30 horas deste martes e ao lugar acudiron profesionais sanitarios para evacuar a un dos afectados ao centro hospitalario Nosa Señora dos Ollos Grandes, situado na cidade.

A pesar de envorcar, os ocupantes do vehículo estaban liberados e accesibles, polo que se descartou a intervención dos bombeiros. No entanto, necesitaron asistencia médica debido aos golpes e mazaduras sufridas a consecuencia do impacto e un dos voluntarios tivo que ser evacuado.

A alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia mediante o aviso do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou á zona unha UVI móbil para atender aos feridos. En concreto, ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado que finalmente evacuou á muller A.G.M., de 27 anos, ao hospital.

Ademais, por parte do 112 Galicia solicitouse a intervención de axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén da Policía Local, que tratan de pescudar se o estado do firme da estrada puido ter que ver no accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Rescatan un condutor atrapado no seu vehículo tras envorcar en Lugo

Os bombeiros de Lugo rescataron a un condutor que quedou atrapado no interior do...